1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.
2. Obxecto: prestación do servicio de limpeza do Centro de Artesanía e Deseño do Inludes.
3. Orzamento: seis millóns novecentas cincuenta mil pesetas (6.950.000 pesetas).
4. Prazo de execución: un ano.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Sección de Servicios Xerais-Negociado de Xestión de Programas. Rexistro e Información.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 263, do 16 de novembro de 1999.
Lugo, 16 de novembro de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo