Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, dun contrato de subministración de mobiliario para o Servicio Provincial de Lugo do Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: subministración de mobiliario para o Servicio Provincial de Consumo de Lugo do Instituto Galego de Consumo.

Prazo de execución: a subministración realizarase no prazo de 15 días desde a data da sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económico-financeira e técnica: debera acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financieiras de conformidade co establecido no artigo 16.1 a) de LCAP. A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o importe, datos e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles, tal como dispón o artigo 18 a) da citada lei.

Orzamento base de licitación: catro millóns trescentas mil pesetas (4.300.000 ptas.).

Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (86.000 ptas.).

Obtención de documentación e información.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa, 10-A-2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

-Teléfono: 981 54 45 12.

-Fax: 981 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa, 10-A-2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa, 10-A-2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

Jorge J. Rodríguez Vázquez Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo