Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, polo trámite de urxencia, da subministración de maquinaria agrícola forestal para os centros de capacitación agraria de Lourizán e Becerreá.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo:Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente:Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de maquinaria agrícola forestal para os centros de capacitación agraria de Lourizán e Becerreá.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: lote 1: dez millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (10.450.000 ptas.) (62.805,76 euros)

5. Garantías.

Provisional: 209.000 ptas. (1.256,12 euros).

Definitiva: 418.000 ptas. (2.512,23 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural-Subdirección de Extensión e Capacitación Agraria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.(Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.)

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 60.

e) Telefax: 981 54 66 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Clasificación esixida.

Exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 7 de decembro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de decembro de 1999.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria