1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material de oficina e informático non inventariable
para os servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) División por lotes e número: 2 lotes.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999 e prorrogable por un ano máis.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total:
Lote 1: oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.) (48.081.683 euros)
Lote 2: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.) (39.066,786 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% de cada lote.
Definitiva: 4% de cada lote.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: secretaría xeral, Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n (Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 38.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Clasificación esixida.
Exenta.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 21 de decembro de 1999.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 27 de decembro de 1999.
e) Hora: 13 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243
do 17 de decembro de 1997)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria