Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/408-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a depuradora augas O Rapadouro.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 78 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Gondomar ata o inicio da L.M.T., aérea a 20 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, rematando no C.T. existente na depuradora de augas do Rapadouro, no concello de Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra