Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.720

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ADQUISICIÓN de equipamento electromédico para as unidades clínicas do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición do seguinte equipamento:

Lote 1: máquina de hipotermia.

Lote 2: calibrador de doses ou activímetro.

Lote 3: captador de tiroide con detector de pozo.

Lote 4: macerador de feces.

Lote 5: sistema de administración de óxido nítrico.

Lote 6: fotóforo.

Lote 7: medidor de fluxo coronario intraoperatorio e vascular.

Nº expediente: CTRL/030/99.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, praza de Europa 5 A-6º B Área Central-As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, das 9 as 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica