Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 1999, aprobou inicialmente a modificación puntual da revisión e adaptación do plan xeral de ordenación urbana de Santiago de Compostela, no ámbito do solo urbanizable non programado SUNP-40: Monte de Vidán e terreos colindantes.

A modificación proposta afecta os seguintes ámbitos de planeamento:

-Terreo clasificado como urbanizable non programado (SUNP-40).

-Terreo clasificado como non urbanizable de protección de monte e da paisaxe forestal (24.897 m) estremeiro co SUNP-40, ó noroeste deste, fronte á estrada C-543 ata o solo non urbanizable do núcleo rural da Barcia (ordenanza 13) e ó nordeste do SUNP-40 ata o camiño público que separa do solo urbano de Vidán Vello (ordenanza 5).

O expediente exponse ó público no negociado de planeamento e xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobbación inicial determina automaticamente, por aplicación do previsto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resulten incompatibles coas determinacións do proxecto de modificación.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza ou, de se-lo caso, xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde