Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Aprobado polo órgano municipal competente o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas, de conformidade co artigo 79 da LCAP anúnciase o concurso urxente polo procedemento aberto, para adxudica-las obras de recuperación da praza de San Amaro, exponse ó publico durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de se formularen reclamacións.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello da Guarda.

b) Dependencia: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 2/PRODER/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: recuperación da praza de San Amaro.

b) Lugar de execución: A Guarda.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.870.681 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Guarda.

b) Domicilio: praza de España.

c) Localidade: A Guarda.

d) Teléfono: 986 61 00 00.

e) Fax: 986 61 02 83.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación de ofertas.

En man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello da Guarda, praza de España, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego; se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 25 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado