Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de outubro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 44/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non cumprir a orde de obras dada, causa prevista no artigo 6.e da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 1.000.000 de ptas. sen prexuízo da obriga de realiza-la orde de obras dada.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes. Esta proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 20 de outubro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 44/1998.

Luis Sánchez Requejo.

r/ Alcalde Usero, 17. Ferrol.