Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-311/1998 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 22 de outubro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: I-311/1998.

Denunciado: Bibiano Quintana Navarro.

Último domicilio coñecido: Camino Lago Castiñeiras-S. Xián. 36915 Marín.

Feito denunciado: queima sen autorización en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: artigo 138 a) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 15.000 ptas.