Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de selección e tratamento de residuos sólidos inertes en Santo André de Comesaña, situado no concello de Vigo (provincia de Pontevedra) e promovido por Toca Salgado, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de selección e tratamento de residuos sólidos inertes en Santo André de Comesaña, Vigo (Pontevedra) e promovido por Toca Salgado, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

* Concello de Vigo.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental