Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 15-7-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación para granito con destino a áridos da concesión Berducido, 2661.

Visto o Decreto 327/1991, do 4 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro) de avaliación

de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra resolve:

Dar publicidade, mediante esta publicación, ó acordo do 15-7-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación de granito con destino a áridos da concesión denominada Berducido nº 2661, sita en terreos dos termos municipais de Barro e Pontevedra, provincia de Pontevedra, promovido por Áridos y Canteras de Berducido, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 33,84 ha dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 9 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 30' 40'', 42º 29' 40'' norte, e polos meridianos 8º 38' 00'', 8º 37' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Berducido nº 2661, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 22 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra