Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: adecuación R.B.T. Vilanova.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: reforma da rede de baixa tensión do lugar de Carteo de Arriba do C.T. Vilanova, en conductor R.Z. de 936 m de lonxitude. Concello de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 20 de outubro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña