Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. Puvieiros, San Cibrao e San Breixo, no concello de Carballedo. (Expediente 22/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións electricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, sen que se presentasen alegacións nin oposición ó trazado de liña na fase de información pública.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión ó C.T. de San Breixo, de 20 kV, con orixe na L.M.T. Oleiros-Castro e remate no C.T. de San Breixo, cunha lonxitude de 3,092 km e 24 apoios de formigón.

2. Liña de media tensión áerea ó C.T. de San Cibrao de 20 kV, con orixe no P-6 da L.M.T. de San Breixo e remate no C.T. de San Cibrao, cunha lonxitude de 0,086 km e 1 apoio de formigón.

3. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Lamela, de 20 kV con orixe no P-15 da L.M.T. de San Breixo e remate no C.T. de Lamela, cunha lonxitude de 0,875 km e 7 apoios de formigón.

4. Centro de transformación intemperie de San Breixo, situado en San Breixo, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación intemperie de San Cibrao, situado en San Cibrao, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Centro de transformación intemperie de Lamela, situado en Lamela, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

7. Centro de transformación intemperie de Saramagal, situado en Saramagal, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

8. Liña de baixa tensión aérea de Castro, con orixe no C.T. de Castro, lonxitude de 2,275 km e 23 apoios de formigón.

9. Liña de baixa tensión aérea de Portugalete, con orixe no C.T. de Portugalete, lonxitude de 2,08 km e 35 apoios de formigón.

10. Liña de baixa tensión aérea de San Cibrao, con orixe no C.T. de San Cibrao, lonxitude, 1,125 km e 17 apoios de formigón.

11. Liña de baixa tensión aérea do Folgar con orixe no C.T. de San Cibrao, lonxitude, 1,245 km e 19 apoios de formigón.

12. Liña de baixa tensión de San Breixo, con orixe no C.T. de San Breixo, lonxitude 0,69 km e 10 apoios de formigón.

13. Liña de baixa tensión aérea de Lamela, con orixe no C.T. de Lamela, lonxitude de 1,41 km e 22 apoios de formigón.

14. Liña de baixa tensión aérea de Saramagal, con orixe no C.T. de Saramagal, lonxitude 1,36 km e 19 apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimonais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 5 de abril de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 2 de setembro de 1999, DOG do 15 de setembro de 1999 e no diario El Progreso do 4 de setembro de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas poderánse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 20 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo