Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. empalmes Xoán XXIII. Económicas.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. de 240 mm Al que enlaza a L.M.T.S. de C.T. Xoán XXIII a C.T. Ibergalicia co C.T. de Económicas particular de 310 m de lonxitude. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 18 de outubro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña