Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/282-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pousa.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 107 m de lonxitude, con orixe na liña Padrón-A Picaraña, apoio nº 13 e final en paso a subterránea. Baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x92) mm Al, de 120 m de lonxitude, con orixe no tramo antes indicado e final no C.T. Pousa existente. Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña