Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de outubro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00610-O-1999 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 26 de outubro de 1999.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00610-O-1999

C-1011-BK

G.C. Tráfico

Julio Jaime Fernández Varela

Avda. de Gran Canarias, s/n

15011 A Coruña

Circular transportando cristais ostentando distintivos correspondentes á tarxeta de transporte de fondo vermello, debendo ser de cor azul ó estar amparado por unha tarxeta MDL-N.

20-4-1999; 19.30; N-651; 20,8

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.

XC-00636-O-1999

C-0184-AU

G.C. Tráfico

Benito Campoy García

Rodrigo A. Santiago, 54 Esc. 1

15010 A Coruña

Circular cun furgón en servicio público cunha carga de paquetería da Coruña a Ferrol carecendo da tarxeta de transporte.

28-4-1999; 8.28; N-651; 20,1

Artigo 90 Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.

XC-00643-O-1999

PO-6605-BB

G.C. Tráfico

Metalúrgica Meder, S.L.

Telleiras de Viéitez-Meder, s/n

36457 Salvaterra de Miño-Pontevedra

Circular transportando materiais de obra carecendo dos distintivos da tarxeta de transporte.

19-4-1999; 13.30; N-651; 33,6

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.

XC-00701-O-1999

C-1825-BH

G.C. Tráfico

Envasa, S.l.

Ronda Nelle, 126-4º Esq.

15000 A Coruña

Circular transportando unha formigoneira de Pontedeume a Carral, carecendo do distintivo da parte traseira do vehículo, correspondente á tarxeta de transporte.

10-5-1999; 15.30; N-651; 17,9

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.

XC-00906-O-1999

C-4165-BC

G.C. Tráfico

Proxectos Sendón, S.L.

Vista Fermosa, 110

15200 Noia-A Coruña

Circular transportando proxectados (illamentos) carecendo dos distintivos correspondentes á súa tarxeta de transporte.

15-6-1999; 15.06; C-545; 41,9

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.