Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de outubro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00157-O-1999 e dous máis).

Mediante esta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de

Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario den

tro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumpri

mento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 13 de outubro de 1999.

Mª Cruz Tome Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00157-O-1999

PO-0156-AY

G.C. Tráfico

Ttes. Jesús, S.L.

Avda. Fragoso, 28-2º

Vigo (Pontevedra)

Non realización do visado da autorización no prazo determinado pola administración. Servicio público.

27-1-1999; 21.30; N-525; 298

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.5.000 ptas.

PO-01462-O-1998

PO-5683-AJ

G.C. Tráfico

Cnst. Cardeñoso, S.L.

María Berdiales, 18-2º

36203 Vigo (Pontevedra)

Transportar material construcción. Ten tarxeta MPC, pero carece dos distintivos a ambos costados do vehículo

7-9-1998; 9; A-9; 110

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.10.000 ptas.

PO-01470-O-1998

PO-7712-AS

G.C. Tráfico

Manuel Victorino Durán Pérez, S.L.

Pino, 28-4 A

36206 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando diversas clases de productos lácteos carecendo de autorización administrativa. Servicio privado.

15-9-1998; 18.40.6; N-550; 162

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.5.000 ptas.