Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se rectifica a do 17 de agosto de 1999, que fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1770; XG-123, Ponte Internacional-Tui-Guillarei-Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño como consecuencia da prolongación da concesión V-1770; XG-123, Guillarei-Tui-Ponte Internacional.

Advertidos erros que procede rectificar na Resolución do 17 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada: V-1770; XG-123, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 185, do 23 de setembro de 1999, a dita resolución queda redactada como a continuación se transcribe:

«O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa data do 15 de xullo de 1999,

resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Lázara, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada; V-1770; XG-123, Ponte Internacional-Tui-Guillarei-Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, como consecuencia da prolongación da concesión V-1770; XG-123, Guillarei-Tui-Ponte Internacional, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itineriaros e puntos de parada.

-Ponte Internacional, Tui, cruzamento N-550/PO-413, Guillarei, Paramos, A Carballiza, O Torreiro, A Revolta, O Piñeiro, Salceda de Caselas, As Arras, A Rañada e Salvaterra de Miño.

Expedicións.

Salavaterra de Miño-Salceda de Caselas-Guillarei-Tui-Ponte Internacional (21,7 km).

-Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Tarifas.

Tarifa aplicable:

Será de aplicación a tarifa vixente na concesión orixinaria V-1770; XG-123, Guillarei-Tui-Ponte Internacional.

Contra a citada orde, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. En toso caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición».

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes