Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 23 de outubro de 1998 (BOE do 19 de novembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito administrativo, do departamento de Dereito Público, a favor de Luis Míguez Macho con documento nacional de identidade número 33.287.982 e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Míguez Macho, profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito administrativo, do departamento de Dereito Público.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes,
contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 5 de novembro de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo