Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de outubro de 1999 pola que se modifica a autorización definitiva do centro privado Seresco de Vigo (Pontevedra), por cambio de titularidade e implantación de novos ciclos formativos.

Examinado o expediente presentado polo representante do centro privado Seresco de Vigo (Pontevedra), polo que solicita o cambio de titularidade do devandito centro, así como a autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior Administración e Finanzas da familia profesional de Administración, Administración de Servicios Informáticos da familia profesional de Informática e Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas da familia profesional de Informática.

Resultando que, mediante escritura pública notarial, Seresco Asturiana, S.A. cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Seresco, S.A.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo,o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias, o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, o Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas, o Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos, o Real decreto 1661/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvementos de aplicacións informáticas, o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de

decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial de Pontevedra, e o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade do centro docente privado Seresco de Vigo a favor de Seresco, S.A., con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista Seresco Asturiana, S.A., sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre os anteriores titulares por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

Segundo.-Autoriza-lo centro docente privado Seresco de Vigo, para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior Administración e Finanzas da familia profesional de administración, Administración de Sistemas Informáticos e Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, da familia profesional de informática, segundo os datos que se reflicten no anexo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro deberá cumpri-la norma básica de edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Disposición transitoria

Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán imparti-las ensinanzas da especialidade de técnico especialista en informática de xestión que o devandito centro ten autorizadas.

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: García Barbón, 133.

Denominación: Seresco.

Código do centro: 36018926.

Titular: Seresco, S.A.

Composición resultante:

Formación profesional específica:

-Ciclo formativo de grao superior Administración e Finanzas, da familia profesional de administración, 2 unidades, 20 postos escolares/unidade.-Ciclo formativo de grao superior Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, da familia profesional de informática, 2 unidades, 30 postos escolares/unidade.

Quenda de tarde-noite:-Ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos, da familia profesional de informática, 2 unidades, 30 postos escolares/unidade.