Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.678

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de novembro de 1999 pola que se dispón o cesamento do vocal que en representación do Concello de Cervo forma parte do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do consello de administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, recibida certificación do acordo de pleno, con data do 31 de xullo de 1999, do Concello de Cervo, polo que se nomea novo representante do dito concello na Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Que cese Salustiano Véquez Rodríguez, como vocal do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación do Concello de Cervo, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda