Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/399-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. praia de Beluso.

Situación: Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 280 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Beluso praia ata o apoio 9 da L.M.T. ó C.T. Montecabalo. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, desde o apoio 9 da L.M.T. ó C.T. Montecabalo ata a L.M.T. existente ó C.T. Bombas Bueu. Concello de Bueu.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra