Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.536

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ACORDO do 3 de novembro de 1999 polo que se modifica a composición da comisión seleccionadora das probas que se van desenvolver para a contratación dun técnico en asuntos comunitarios pola Fundación Galicia-Europa.

Por medio de Acordo do 27 de xullo de 1999, publicado no Diario Oficial de Galicia, do 13 de agosto, convocáronse probas selectivas para a contratación dun técnico en asuntos comunitarios pola Fundación Galicia-Europa. No punto 4 do referido acordo nomeábase para xeral coñecemento a comisión seleccionadora que debe desenvolve-las tarefas precisas para poñer en marcha todo o procedemento. Por pasar con posterioridade un dos seus membros a situación de servicios especiais na praza que viña ocupando en calidade de especialista en asuntos internacionais, cómpre designar outro integrante que satisfaga os mesmos requisitos de suficiencia profesional que aquel que, por razón das súas obrigas públicas, non pode prestar toda a dedicación necesaria ós labores da comisión seleccionadora. En consecuencia, acórdase designar a Pilar Romero Rodríguez, subdirectora xeral de Acción Exterior da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, presidenta da dita comisión

seleccionadora en substitución de Jesús María Gamallo Aller.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa