Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de setembro de 1999, aprobou definitivamente o estudio de deta

lle de Salgueiriños de Arriba, promovido polos servicios técnicos municipales.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpo-lo recurso contencioso administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo recurso contencioso administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde