Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999 pola que se anuncia concurso urxente para a contratación do proxecto de execución das obras de construcción de 108 módulos de sepulturas de catro corpos e baixada e 120 nichos no cemiterio de Santa Mariña.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infrestructura, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: referencia 1201.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do proxecto e execución das obras de construcción de 108 módulos de sepulturas de catro corpos e baixada e 120 nichos no cemiterio de Santa Mariña.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

4.1. Importe total: 89.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 1.780.000 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 3.560.000 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan a seguinte clasificación:

Grupo C, subgrupo 1 a 9, categoría f.

Grupo K, subgrupo 5, categoría d.

Grupo I, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que se presentará: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde