Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Concello de Nogueira de Ramuín aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo arquitecto Arturo Conde Aldemira.

Está exposto ó público polo prazo mínimo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Calquera persoa pode examinalo no concello, en horario de oficinas, co obxecto de formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

Quedan suspendidos os outorgamentos de licencias nas áreas do territorio que implican modificacións de réxime urbanístico vixente na actualidade. Este prazo non será superior a un ano.

Nogueira de Ramuín, 7 de novembro de 1999.

José Eugenio Galindo González

Alcalde