Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOBORÁS

PROXECTO de ordenación do medio rural de Boborás (Ourense).

Anúnciase que o Concello de Boborás, en sesión extraordinaria do Pleno, do día 25 de outubro de 1999, na que asistiron os once membros que o compoñen, adoptou, por sete votos a favor, tres en contra e unha abstención, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de ordenación do medio rural de Boborás, redactado por Arquipo, S.L. de Arquitectura e Urbanismo.

O dito expediente atópase no departamento de Urbanismo na Casa do Concello de Boborás, rúa Cristóbal Colón, para de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do 24 de marzo de 1997, do solo, normas reguladoras (DOG nº 1/1997, do 24 de marzo) somete a exposición pública polo prazo de trinta días, que comezarán a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Boborás, 2 de novembro de 1999.

Cipriano-José Caamaño Castro

Alcalde-presidente