Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999 pola que se corrixen erros advertidos na do 3 de novembro de 1999, pola que se anunciaba concurso público aberto para a contratación do servicio de mantemento integral da sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 216, do 9 de novembro,

DISPOÑO:

1º Face-la seguinte corrección: na páxina 13.171, punto 7.a), onde di: «vixésimo sétimo día», debe dicir: «décimo terceiro día».

2º Abrir un novo prazo de presentación de ofertas, que finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte á publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica