De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente cédula para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Nº de expediente: 77/1999-LU.
Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.
Enderezo: r/ Condomiñas, 4. Cedeira (A Coruña).
Nº expediente: 78/1999-LU.
Denunciado: Francisco José Leonardo López.
Enderezo: r/ Salicias, 3. Cedeira (A Coruña).
Nº de expediente: 79/1999-LU.
Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.
Enderezo: r/ Zumalacárregui, 40. Cedeira (A Coruña).
Celeiro-Viveiro, 13 de outubro de 1999.
Pablo Ramón Fernández Asensio
Delegado territorial de Lugo