Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/143-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., Ponte Romana-Avda. Xeneralísimo.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, 780 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.A. D.C. Mourela-Avda. Xeneralísimo, pasa polo C.T. Ponte Romana e remata no C.T. Avda. do Xeneralísimo. L.M.T.S. a 20 kV de 210 m en R.H.V. 240 mm Al que parte do mesmo punto da L.M.T. anterior e remate na L.M.T.S. a C.T. Balsas. L.M.T.S. de 20 kV de 175 m en R.H.V. de 95 mm Al, que parte do C.T. Ponte Romana e remate no C.T. Severino. L.M.T.S. de 20 kV de 30 m en R.H.V. de 95 mm Al que parte do C.T. Avda. Xeneralísimo e conecta coa L.M.T.S a C.T. Cuíña. C.T. prefabricado en Ponte Romana de 400 kVA e axuste das B.T. Concello das Pontes de García Rodríguez.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 18 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña