Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/382-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas na estrada Castrelos-Universidade.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: desvío liñas aéreas, a 15 kV, con conductores tipo LA-110 e LA-56, nos seguintes tramos: desde un apoio da L.M.T. bal 707 ata un apoio anterior á L.M.T. derivación ó C.T. Castrelos, de 138 m de lonxitude; desde o apoio 8 ata o 10 da L.M.T. bal 703 e 705, de 29 m de lonxitude; desde un apoio que se colocará xunto ó 116 ata o 122 que se colocará da L.M.T. bal 705 derivación ó C.T. Marcosende, de 61 m de lonxitude; desde o apoio 2 da L.M.T. derivación ó C.T. Marcosende ata o apoio 1 da actual L.M.T. ó C.T. enxeñeiros industriais, de 61 m de lonxitude. R.B.T., aérea, de 1.320 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., subterránea, de 230 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra