Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/254-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: retirada L.M.T. en Avda. Val Miñor 22.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, D/C, a 15 kV, con conductor tipo LA-110 e L.M.T. subterránea, a 15 kV, D/C, con conductor tipo R.H.V. Tramo I-aéreo, de 30 m de lonxitude, desde o apoio 78 da L.M.T. D/C Bal 702 e 708 ata o apoio que se proxecta 77-bis da mesma liña. Tramo II-aéreo, de 35 m de lonxitude, desde o apoio 77-bis do tramo I anterior, ata o apoio existente 76 da mesma liña D/C Bal 702 e 708. Tramo III-subterráneo, de 390 m de lonxitude, desde o apoio 77-bis ata un novo apoio que se colocará entre os existentes 77 e 78 da mesma liña do tramo II. Toda a instalación se sitúa na Avda. Val Miñor 22, concello de Nigrán.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 22 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra