Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de outubro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00279-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de

Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00279-I-1999.

Matrícula: varias.

Denunciante: 3244826057 A2053.

Denunciado: José Alfonsín Marnotes.

Último enderezo coñecido: Conde Vallellano, 6. 32500 O Carballiño-Ourense.

Feito denunciado: da análise dos discos-diagrama do aparello de control tacógrafo, no seu día requiridos por esta Subdirección Xeral de Inspección, constátase o seguinte: infraccións por incumprimento das interrupcións á conducción:-J.C. Alfonsín realiza unha conducción de 7 h, cunha interrupción de só 36 min o día 9/10-3-1999 no vehículo OR-3517-G.-José Alfonsín realiza unha conducción de 5 h 50 min, cunha interrupción de só 18 min o día 17-3-1999 no vehículo OR-2110-

Excesos nos tempos máximos de conducción diaria:-Hai unha conducción de 12 h 20 min de J.C. Alfonsín o 7-4-1999 no vehículo OR-3517-G, o que supón un exceso de 2 h 20 min (superior ó 20%) sobre o máximo permitido.-Hai unha conducción de 1 h 20 min de J. Alfonsín o 21-4-1999 no vehículo OR-2110-K, o que supón un exceso de 1 h 20 min (inferior ó 20%) sobre o máximo permitido.-Hai unha conducción de 1 h de J. Alfonsín o 23-4-1999 no vehículo OR-2110-K, o que supón un exceso de 1 h (inferior ó 20%) sobre o máximo diario permitido.

Data: 1-7-1999.

Hora: 12.

Precepto infrinxido: artigo 6 do R(CE)3820/1985, artigo 7 do R(CE) 3820/1985.

Precepto sancionador: 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 125.000 ptas.