Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.500

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de novembro de 1999 pola que se amplía o prazo previsto na base décima da Orde do 29 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 135, do 15 de xullo).

O concurso ó que se refire a Orde do 29 de xuño de 1999 lévase a efecto en virtude da execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tendo en conta que a súa primeira fase supón un proceso complexo e moi voluminoso, no que se refire ó número de peticións de postos realizadas, e tendo en conta a aplicación do previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no presente expediente, como consecuencia da existencia de inconcreccións nalgunhas instancias presentadas, é polo que esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo para publica-la resolución provisional da 1ª fase do concurso convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999, por un mes máis,

contado desde o prazo de remate establecido na base décima da citada orde.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública