Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.488

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Ponse en coñecemento do público en xeral que, de acordo coas condicións establecidas nas operacións crediticias a xuro variable, en función da posible alteración dos xuros para préstamos a 3 anos de determinados bancos (neste caso, do Santander Central Hispanoamericano, Bilbao Vizcaya e Español de Crédito), o tipo de referencia para o ano 2000, resulta se-lo 7,66%, que é a media aritmética simple dos mencionados tipos, declarados ó Banco de España o 30 de setembro de 1999.

Como consecuencia, o tipo de xuro nominal anual que se aplicará a cada unha das indicadas operacións crediticias, e desde a data sinalada no contrato correspondente de inicio da posible alteración, será o resultado da suma alxebraica do dito tipo de referencia e da marxe pactada.

Pontevedra, 8 de novembro de 1999.

José Antonio Rodríguez Vilas

Xefe da Área de Administración de Investimentos