Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 86/1999, interposto por Manuela Diéguez Rodríguez, contra as resolucións do 25 de xuño de 1999 e 29 de maio de 1999, polas que se outorgaban os destinos correspondentes ós concursos de traslado do 5 de outubro de 1999, polos que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.
A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión dos citados expedientes administrativos ó referido órgano xudicial, o que se lles notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se emprazan para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1999.
José Antonio Álvarez Vidal
Director xeral de Xustiza e Administración Local