1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto: prestación do servicio de protección, vixilancia e control do Museo Provincial.
3. Orzamento: 19.600.000 pesetas.
4. Duración do contrato: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2000.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.
6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.
8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
9. Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 253, do 4 de novembro de 1999.
Lugo, 4 de novembro de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo