Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Aráns II.
Situación: A Cañiza.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV de 624 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 87 da L.M.T. A Cañiza-A Ameixeira, ata o C.T. que se proxecta en Aráns II, concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de tranformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 22 de setembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra