Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.401

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de novembro de 1999 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) realizada pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 1998) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, que se publica como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os documentos a que se refiren as bases V.I. e V.2. da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo

de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A)

Promoción interna

OpositorEx. 1ºEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºConcursoNota

final

Díaz García, José Manuel

DNI: 33.828.199

14,6154,510,8544,95

Acceso libre

OpositorEx. 1ºEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºConcursoNota

final

Agrasar Muíños, Rosa Mª Teresa E.

DNI: 35.258.978

13,03167,56,514,6057,63

Paz Fernández-España, Julia

DNI: 52.498.058

17,5219,759,5854,77

Fernández Suárez, Xosé Luis

DNI: 09.376.501

16,8516,759,57,550,60

Calviño Rodríguez, Mª del Carmen

DNI: 33.293.690

17,5214,59,758,7550,52

Tubio Villar, Víctor Manuel

DNI: 33.255.415

16,4148,258,547,15

Rubal Pastor, Francisco Javier

DNI: 33.281.854

14,6178,5747,1