Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.344

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 8 de outubro de 1999, da Delegación Especial de Galicia, de notificación de provindencias de constrinximento.

De conformidade co que establece no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e por non ser posible notifica-lo procedemento que se relaciona malia os dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar persoalmente ou mediante representante, as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, nº 10, da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte o do vencemento do prazo antes sinalado.

InteresadoNIFProcedementoÓrgano de tramitación

Badaf, S.L.B-36.743.102Medidas cautelaresDependencia Rexional de Recadación

Lugar de comparecencia:

Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial da AEAT en Galicia, rúa Comandante Fontanes nº 10, 5ª (A Coruña).

A Coruña, 8 de outubro de 1999.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación