En cumprimento do que dispón o artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, publícase a adxudicación do seguinte contrato.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Verín.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c) Número de expediente: 165/1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obras.
b) Descrición do obxecto: obras de abastecemento e saneamento nas rúas Otero Pedrayo e Regato Rasela de Verín e no núcleo de Vilela. Plan de cooperación coas EE.LL. 1999-programa PIEL.
c) Boletín de publicación do anuncio de licitación: BOP nº 189, do 18-8-1999; DOG nº 162, do 23-8-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 18.199.393 ptas.
5. Adxudicación.
a) Data: 16-9-1999.
b) Contratista: Vipeca, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 18.000.000 de ptas.
Verín, 16 de setembro de 1999.
José Manuel Jiménez Morán
Alcalde