Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores AG-SA-73/99-PO e AG-SA-90/99-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infraccións ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Pontevedra, 30 de setembro de 1999.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-73/99-PO.

Denunciado: José Luis López López.

Último enderezo coñecido: Donramiro-Lalín (Pontevedra).

Feito denunciado: falta de inscrición do vehículo e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 12-7-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 212 e 52.4º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento da Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 212 e 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: do 20 ó 30% de 49.400 pesetas, segundo o artigo 212, e de 2.500 a 100.000 pesetas segundo o artigo 224.

Expediente: AG-SA-90/99-PO.

Denunciado: Jesús Ribadulla Portas.

Último enderezo coñecido: lugar de Rella, 15-A Coruña.

Feito denunciado: falta de desinfección e desinsectación do vehículo.

Data do acordo de incoación: 1-6-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.2º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento da Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 2.500 a 100.000 pesetas, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.