Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/83-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Valdegosos.

Situación: Vilamartín de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 19 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. aérea a C.T. Arcos e remate na L.M.T. subterránea ó C.T. Paladium.

L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude en conductor R.H.V-12/20 kV, con orixe na L.M.T. aérea ó C.T. Paladium e remate no C.T. con 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Paladium (Valdegodos).

R.B.T. aérea de 51 m en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea de 15 metros en conductor RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense