Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/268-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 1500 A Coruña.

Denominación: R.B.T. do C.T. Vilaseco.

Situación: Negreira.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 734 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vilaserio (expediente 50677) e discorrendo polo lugar de Vilaserio. Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña