Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.264

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de outubro de 1999 pola que se declaran exentos da fase de prácticas determinados opositores que superaron o procedemento selectivo convocado por Orde do 8 de xuño de 1994.

Por ordes do 3 e 7 de xuño de 1999 (DOG do 9 de xullo) e do 3 de setembro de 1999, (DOG do 23), nomeáronse funcionarios en prácticas, en execución de sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, na especialidade de prácticas sanitarias, a Mª Elena J. Domínguez Rodríguez e a Mª Teresa Barbeito Núñez; na especialidade de prácticas de servicios á comunidade a Pilar Ares Fondevila e no corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de percusión, a Carlos Castro Roig.

O punto 3 da base común 10 da Orde do 8 de xuño de 1994, pola que se convocaban os procedementos selectivos, establece que quedarán dispensados da avaliación da fase de prácticas os opositores que prestasen servicios docentes en centros públicos, durante un tempo mínimo de 3 meses, sempre que o nomeamento fose expedido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou outras administracións con competencias en materia educativa.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Único.-Declarar exentos da avaliación da fase de prácticas os funcionarios en prácticas que a continuación se relacionan:

Mª Elena J. Domínguez Rodríguez, DNI 34605801.

Mª Teresa Barbeito Núñez, DNI 32435609.

Mª del Pilar Ares Fondevila, DNI 35247420.

Carlos Castro Roig, DNI 32756238.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria