Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Club Náutico de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para empresa Real Club Náutico de Vigo, que tivo entrada

nesta delegación provincial o día 29-9-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polos delegados de persoal, con data do 20-9-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de outubro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Real Club Náutico de Vigo

Ano 1999

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación na empresa Real Club Náutico de Vigo, con domicilio social nas Avenidas, s/n.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio abarca tódalas actividades existentes actualmente para o desenvolvemento das funcións propias da sociedade.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor, para tódolos efectos, a partir do 1 de xaneiro de 1999. A duración deste convenio será dun ano.

Artigo 4º.-Denuncia.

Este convenio será denunciado por algunha das partes con tres meses de antelación ó seu vencemento. De non efectuarse ningunha denuncia quedará prorrogado, excepto nos conceptos salariais que se verán actualizados no IPC que para o ano anterior estableza o INE.

Artigo 5º.-Ámbito persoal.

Enténdense comprendidos baixo o ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores dependentes desta empresa, excluíndose aqueles que segundo a lei poidan saírse do seu ámbito.

Artigo 6º.-Salarios.

Os salarios para o ano 1999 son os establecidos para cada categoría na táboa salarial anexa e que representan un incremento dun 1,8% sobre os valores da táboa de 1998.

Artigo 7º.-Revisión salarial.

Se o 31 de decembro de 1999 o IPC respecto do 31 de decembro de 1998 superase o 1,8% de incremento para o dito ano, as táboas salariais actualizaranse na diferencia que o dito exceso represente, liquidándose as diferencias resultantes con efectos do 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo semanal será de 39 horas, o que supón un máximo anual de 1.757 horas ano.

Os horarios específicos da cada sección son os pactados entre os representantes legais dos traballadores e a dirección da empresa.

Como mínimo, cada traballador terá dereito a librar unha fin de semana completa ó mes, sábado e domingo; establécense dous días de descanso ininterrompido á semana.

Os traballadores con xornada continuada incluídos neste convenio, terán dereito a unha pausa retribuída de 30 minutos durante a xornada de traballo, ou de 15 minutos se realizan xornada partida.

Durante este tempo o traballador poderá toma-lo bocadillo dentro ou fóra do recinto de traballo.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio acordan reducir ó mínimo as horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias tódalas que excedan da xornada laboral legalmente establecida.

A dirección da empresa terá a iniciativa das horas extraordinarias coa libre aceptación do traballador.

Terán que ser aboadas mensualmente e non poderán ser compensadas nin gratificadas en ningunha outra forma.

A empresa informará mensualmente os representantes legais dos traballadores do número de horas realizadas, especificando as causas e o persoal que as realizou.

O máximo de horas extras non poderá superar, baixo ningún concepto nin causa, o límite establecido segundo a lexislación vixente.

Fórmula de valoración das horas extras:

HE = P(S + A) x 1,75

H

HEN = HE x 1,30

HE = hora extra.

P = número de pagas ó ano.

S = salario base convenio.

A = antigüidade.

H = número de horas ano.

HEN = horas extras nocturnas.

Artigo 10º.-Vacacións.

Os traballadores incluídos neste convenio desfrutarán dun período vacacional de 30 días que se poderá desfrutar en dous períodos separados.

Os períodos vacacionais estipularanse de común acordo entre os traballadores e a dirección da empresa. O traballador terá dereito a escolle-la metade deste período nas datas que este considere oportunas.

Aqueles traballadores que desexen desfruta-la totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, do 1 ó 15 de xuño, do 15 ó 30 de setembro, outubro, novembro e decembro terán dereito a 3 días máis de vacacións e un día e medio se son en períodos separados.

Durante as vacacións o traballador percibirá, con cargo á empresa, o salario real que lle corresponda por tódolos conceptos económicos.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre a empresa e o traballador, acumularse ás vacacións anuais ou ser desfrutadas en períodos distintos, respectando os descansos semanais.

O desfrute das vacacións farase de xeito rotativo entre o persoal.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores incluídos neste convenio percibirán unha mensualidade composta polo salario base máis a antigüidade, os días 15 de marzo, 15 de xullo, 15 de outubro e 15 de decembro, respectándose o dereito dos traballadores que queiran mante-lo rateo das pagas.

As ditas pagas non se verán afectadas cando o traballador cause baixa, tanto por enfermidade como por accidente.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os aumentos de antigüidade contaranse de data a data desde o día da incorporación á empresa, sen que o ascenco de categoría supoña a perda da adquirida, conforme os salarios que resulten da aplicación deste convenio, establecéndose as seguintes porcentaxes acumulativas segundo a seguinte escala:

A.-Un 5% do salario base ó cumprir 3 anos ó servicio da empresa.

B.-Un 7% ó cumprir 6 anos, equivalente ó 12%.

C.-Un 10% ó cumprir 9 anos, equivalente ó 22%.

D.-Un 12% ó cumprir 14 anos, equivalente ó 34%.

E.-Un 14% ó cumprir 19 anos, equivalente ó 48%.

F.-Un 2% ó cumprir 20 anos, equivalente ó 50%.

G.-Superados os 20 anos, un 3% máis por cada 5 anos.

O complemento persoal de antigüidade regulado neste artigo será de aplicación, exclusivamente, para o persoal da empresa que se atopaba no cadro de persoal ata o 1 de xaneiro de 1995, a teor do acordo alcanzado no convenio colectivo para o ano 1995. En consecuencia, e para tódolos traballadores que se incorporen á empresa a partir da dita data, deixará de ter aplicación.

Artigo 13º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, nos seguintes casos:

A) Por matrimonio do traballador: 15 días.

Por matrimonio de pais, fillos, irmáns, netos directos ou políticos: 2 días e 3 se teñen lugar fóra da provincia.

Por matrimonio de sobriños, curmáns e tíos directos ou políticos: 1 día e 2 se teñen lugar fóra da provincia.

B) Por enfermidade grave ou morte do cónxuxe, compañeiro ou compañeira, pais, fillos, irmáns, avós e netos directos ou políticos ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 5 días se teñen lugar na mesma provincia e 6 días se é noutra distinta.

Por enfermidade grave ou morte de sobriños, curmáns e tíos directos ou políticos: 2 días e 3 se ten lugar noutra provincia distinta.

No caso de enfermidade moi grave poderase solicita-la licencia sen retribuír a partir do quinto día.

C) Por nacemento dun fillo: 3 días se reside na mesma localidade e 4 días se reside en localidade diferente.

D) Por asuntos particulares o traballador poderá solicitar permiso retribuído ata un máximo de 2 días e sen retribuír ata un máximo de 30 días, de común acordo entre a empresa e o traballador, e sempre que na mesma sección non haxa outra persoa na mesma situación.

E) Cando por razóns de enfermidade do traballador este precise consulta médica, a empresa concederalle permiso retribuído polo tempo necesario, logo de xustificación visada polo médico.

Artigo 14º.-Complemento de asistencia e complemento de transporte.

O complemento de asistencia aboarase a razón de 7.603 pesetas (45,69 euros) mensuais.

Mantense con carácter xeral para todo o persoal un complemento de transporte na contía de 5.197 pesetas (31,23 euros) mensuais.

Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 7 da mañá, salvo

que o horario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terá unha retribución específica incrementada nun 30% do salario base reflectido nas táboas salariais anexas do convenio.

Artigo 16º.-Excedencias.

O persoal afectado por este convenio que leve dous anos ó servicio da empresa terá dereito a pasar a situación de excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes nin superior a cinco anos, estando obrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite, polo menos cun mes de antelación ó remate do tempo de excedencia, e non poderá volver á situación de excedencia voluntaria ata transcorrido un ano desde o remate da anterior, continuando no momento do reingreso ou incorporación coa mesma antigüidade que tiña no momento de pasar a situación de excedencia, obrigándose o traballador a non lle facer competencia á empresa.

Ben entendido que a obriga a cargo da empresa de reincorpora-lo excedente é inescusable, contrátase para estos supostos unha persoa para que substitúa o excedente cun contrato da mesma duración da excedencia.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

Ó persoal amparado por este convenio entregáraselle dous informes completos de inverno e verán, cada dous anos, con independencia de que por algunha causa de forza maior se teña que entregar unha nova peza de roupa.

O complemento consistirá en:

A.-Porteiros e conserxes: 1 chaqueta, 1 garavata, 2 pantalóns, 1 xersei, 2 camisas, 1 par de zapatos e dous pares de calcetíns.

B.-Mantemento e servicios: 2 camisas, 2 pantalóns, 1 xersei, 1 funda, 1 par de botas, 1 par de zapatos, 1 par de zapatillas, 1 gorra (mariñeiros), 2 pares de calcetíns.

C.-Limpeza: 2 batas, 1 par de botas, 1 par de zocos, 2 pares de medias e 1 chaqueta.

D.-Piscina: 1 chándal, 1 par de tenis, 1 par de zocos, 2 bañadores, 1 albornoz.

A empresa solcitará, polo menos, tres orzamentos coas súas mostras e poraos en coñecemento dos representantes legais dos traballadores que darán a súa opinión sen ser esta vinculante.

Ó persoal que realice traballos no exterior a empresa proverao de roupa de abrigo ou auga.

A vestimenta indicada anteriormente será entregada o 15 de maio para os de verán e o 15 de setembro para os de inverno, en anos impares.

Artigo 18º.-Revisión médica.

Ós traballadores afectados por este convenio a empresa realizaralles unha revisión médica ó ano, establecendo esta as datas.

Artigo 19º.-Seguridade e hixiene.

A emprsa está obrigada ó cumprimento das normas de hixiene e seguridade no traballo; para iso terá que instalar aseos, duchas e vestiarios para mulleres e homes, de acordo coa normativa vixente.

Os delegados de prevención serán designados por e entre os representantes do persoal, tal e como marca a lexislación vixente.

Artigo 20º.-Traballos tóxicos, perigosos ou penosos.

Cando polas condicións nas que se desenvolve o traballo este sexa declarado tóxico, penoso ou perigoso, os salarios fixados no anexo serán incrementados nun 20%, cando o posto de traballo estea nun dos supostos; nun 25% cando coincidan en dous deles e nun 30% cando coincidan os tres.

Artigo 21º.-Complemento por enfermidade.

Cando o traballador leve na empresa un mínimo de 6 meses e cause baixa por enfermidade ou accidente, debidamente acreditado, a empresa estará obrigada a complementar ata o 100% do salario real desde o primeiro día se hai hospitalización ou accidente, e desde o terceiro día se é por enfermidade.

Artigo 22º.-Premio de xubilación.

A todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, que teña máis de 5 anos de vinculación, a empresa aboaralle o equivalente a 6 meses de traballo. Este premio percibirao o seu viúvo/a se o traballador falece antes de xubilarse e ten cumpridos 55 anos ou levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento do seu falecemento e, no seu defecto, os orfos menores de 18 anos ou de máis de 18 se non teñen traballo.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada ós 64 anos.

Nesta empresa será de aplicación o Real decreto 1194/1985, sobre contrato de substitucion por anticipación da idade de xubilación, xa que logo, o traballador que cumpra os 64 anos poderase xubilar sempre que o comunique con 6 meses de antelación, con tódolos dereitos económicos de cotización á Seguridade Social, sendo substituído por outro traballador mediante un contrato cun mínimo de duración dun ano.

Artigo 24º.-Axuda familiar especial.

Para o ano 1999 aplicarase unha axuda familiar especial anual de 67.560 pesetas (406,04 euros) por cada fillo que teña recoñecido o dereito de diminuído físico ou psíquico pola Administración competente e que non se atope traballando. O traballador achegará a documentación acreditativa para o aboamento desta axuda que se pagará a razón de 5.630 pesetas (33,84 euros) mensuais.

Artigo 25º.-Axuda ó transporte.

Cando non exista medio de transporte público, os gastos de transporte serán por conta da empresa, logo da oportuna xustificación.

Artigo 26º.-Remisión legal.

En todo o non previsto neste convenio observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e convenio e ordenanza de hostalería.

Artigo 27º.-Comisión paritaria.

Como órgano de interpretación, conciliación e arbitraxe deste convenio, créase unha comisión mixta paritaria integrada por cada un dos membros da comisión negociadora do convenio.

Esta comisión reunirase por petición de calquera das partes interesadas e deberá reunirse obrigatoriamente nun prazo máximo de 7 días despois de ser solicitada.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

1. Crédito horario.

Os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores, poden dispor dun crédito horario mensual retribuído para o exercicio das súas funcións de representación. Este crédito será de 20 horas mensuais. Os delegados de persoal pertencentes a un mesmo sindicato poderán acumula-lo seu crédito de horas nun ou varios dos membros do dito sindicato, logo de comunicación á empresa.

2. Funcións dos delegados de persoal.

Os delegados de persoal terán os dereitos e facultades que lles recoñece a lexislación. Ademais, deberá ser informado das sancións graves ou despedimentos que se pretendan impor e dos movementos do cadro de persoal. Deberán ser informados dos contratos que se asinen na empresa e dos termos concretos que nel se establezan. Vixiarán o cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como do cumprimento das normas de seguridade e hixiene no centro de traballo.

3. Garantías dos delegados de persoal.

A) Ningún delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó do seu cesamento, salvo que este se produza por renovación ou dimisión e sempre que o despedimento ou a sanción se basen na actuación do traballador no exercicio legal da representación. Se o despedimiento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedeceran a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, os delegados de persoal restantes.

B) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesión por causa ou en razón do desempeño da súa representación.

C) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándolle todo iso previamente á

empresa, e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

D) Non se computará dentro do máximo legal o exceso que sobre el se produza con motivo da designación dos delegados de persoal como compoñentes de comisións negociadoras de convenio e polo que se refire á realización de sesións oficiais a través das cales trascorren as negociacións.

4. Organización sindical dos traballadores na empresa.

A empresa considerará os sindicatos, debidamente implantados no cadro de persoal, como elementos básicos e consubstanciais para afrontar a través deles as necesarias relacións entre traballador e empresario.

A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a se sindicaren libremente. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

A empresa non poderá despedir un traballador nin prexudicalo de calquera outro xeito a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a realizar reunión, recadar cotas e distribuír información sindical durante a xornada de traballo sen perturba-la actividade normal da empresa. Logo de comunicación á empresa por parte da representación legal dos traballadores, os traballadores poderán realizar unha asemblea ó mes durante dúas horas. Esta terá lugar no centro de traballo. Existirá nos centros de traballo un taboleiro de anuncios sindical onde figurará o horario laboral, as follas de liquidación das cotas da Seguridade Social (TC1 e TC2), o cadro horario e de vacación do persoal e a información sindical precisa.

Os posibles cambios de departamentos e os posibles postos que se van cubrir serán expostos no taboleiro do persoal por se a algún traballador lle interese acceder a eles faga a súa solicitude.

Nos centros de traballo existirá un local dotado coa infraestructura mínima para o funcionamento da representación legal dos traballadores.

Artigo 29º.-Pluriemprego.

Calquera persoa que realice traballos na empresa, mesmo que estes sexan esporádicos, deberá estar debidamente contratada e coa súa correspondente alta na S.S., sendo competencia do comité de empresa controlar e vixia-lo cumprimento da lei neste aspecto. Para estes efectos considérase necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren dados de alta noutra empresa.

Artigo 30º.-Superior e inferior categoría.

Ningún traballador estará obrigado a realizar traballos de inferior categoría. A realización de tra

ballos de superior categoría a que corresponda terá carácter excepcional. No caso de que estas funcións se desenvolvan durante 6 meses continuados ou 10 meses alternativos, darán lugar a que o traballador consolide a categoría superior para tódolos efectos e será inmediatamente reflectida en nómina.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

Con vixencia do 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999, a empresa deberá concertar un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

A.-Accidente laboral con resultado de falecemento, 2.000.000 de pesetas (12.020,24 euros).

B.-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou de gran invalidez, 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).

O traballador facilitará o nome do beneficiario. Para o traballador de nova incorporación, a póliza de seguro establecida neste artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia das pólizas inserirase no taboleiro de anuncios.

Artigo 32º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo ou na provisión de vacantes cando se requira persoal de novo ingreso fixo ou eventual, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, os fillos dos traballadores en activo, xubilados, pensionistas e falecidos, outorgándoselle-lo posto sempre que superen as probas de aptitude que procedan.

Cando o posto para cubrir revista un certo grao de responsabilidade, os candidatos considerados no parágrafo anterior deberán reuni-las condicións e os coñecementos, polo menos, non inferiores ó resto dos candidatos.

Táboa salarial 1999

Salario base

pesetaseuros (*)

Administración
Secretaria executiva208.2401.251,55
Xefe de administración170.1501.022,62
Oficial de primeira114.057685,50
Oficial de segunda107.247644,57
Auxiliar administrativo98.861594,17
Persoal técnico
Director técnico piscina389.8772.343,21
Director de servicios166.282999,37
Director de deportes166.282999,37
Encargado instalacións porto166.282999,37
Axudante entrenador natación124.309747,11
Monitor de ximnasia117.734707,60
Xefe maquinistas112.122673,87
Telefonista/recepcionistas/porteiros107.246644,56
Maquinista de primeira102.148613,92
Mantemento de xardín100.540604,26
Camareiros99.351597,11
Maquinista de segunda98.860594,16
Mariñeiros91.879552,20
Monitor de natación91.879552,20
Profesora ballet91.879552,20
Monitor de vela91.879552,20
Limpadores/as85.628514,63
Gardarroupa85.628514,63
Bibliotecaria91.879552,20
Vixilante nocturno81.742491,28
Vixilante diurno71.080427.20

(*) 1 euro= 166,386 pesetas.

Cadro horarios do club por seccións:

AdministraciónLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Arias Soto, Eduardo10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Moralejo Moralejo, J.L.10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Queimaliños Acosta, M. Carmen10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Rubianes Santos, M.S.10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Pazos Vega, José Antonio10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Collazo Borrajo, Carlos10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Oficina deportivaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Giraldo Pérez, Fernando10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Rodríguez Pedreda, María10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Oficina porto Dep.LunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Cao Alfonso, Ignacio10-14

16-19

10-14

16-19

10-14

16-19

10-14

16-19

10-14

16-19

10-14Descanso

BibliotecaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Barro Ordobás, Alejandra10-13

17-22

10-13

17-22

10-13

17-22

10-13

17-22

10-13

17-22

DescansoDescanso

XimnasiaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Álvarez Requejo, Carolina8.30-12.30

17.15-18.45

8.30-11.30

17.15-18.45

8.30-12.30

17.15-18.45

8.30-11.30

17.15-18.45

8.30-12.30

17.15-18.45

DescansoDescanso

Portería, Recep, Telef.LunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Gómez Gómez, M. Ant. (*)Descanso11-14

17-21

11-14

17-21

11-14

17-21

11-14

17-21

11-14

17-21

17-21

(A)14-2214-2214-2214-2214-22DescansoDescanso

(B)DescansoDescanso7-157-157-147-147-14

(C)7-157-15DescansoDescanso14-2214-2214-22

(*) agás cando teña que cubrir unha das dúas quendas.

Mantemento VigoLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

(A)7-147-147-147-147-147-11Descanso

(B)7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

LimpezaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Peiteado, Magdalena7-157-15DescansoDescanso7-157-157-14

Vidal Silva, Concepción7-147-147-147-14Descanso7-147-11

Fernández Dmguez., R.7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

Fernández L., EncarnaDescansoDescanso7-157-157-157-157-14

Contram. e MariñeríaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

González Glez., Antonio14-2214-22DescansoDescanso14-2214-2214-21

A quendas

Manten. piscinaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

(A)5-155-155-155-14DescansoDescansoDescanso

(B)DescansoDescanso15-2315-2314-2313-2115-21

(C)15-2315-23DescansoDescanso5-145-137-13

GardarroupaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

(A)7-147-147-147-147-1410-14Descanso

(B)14-2214-2214-2214-2215-22DescansoDescanso

(1 outubro - 31 maio)

Potería NigránLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

(A)DescansoDescanso14-2214-2215-2214-2214-22

(B)14-2214-22DescansoDescanso7-157-157-14

(1 xuño - 30 setembro)

Portería NigránLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

(A)DescansoDescanso15-2315-237-157-157-15

(B)15-2315-23DescansoDescanso15-2315-2315-23

(C)7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

Limpeza NigránLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

(A)7-15DescansoDescanso7-157-157-157-14

(B)7-157-157-15DescansoDescanso7-157-14

A) Verán (xuño e setembro)

Adestradores e monitoresLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Zamorano Ramos, Dol.8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-21

DescansoDescanso

Pereira Cabaleiro, Dol.8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-21

Davila Sierra, Delfina8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-21

DescansoDescanso

Neira Henche, Ángeles10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

8.45-13.45Descanso

B) Verán (xullo)

Adestradores e monitoresLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Zamorado Ramos, Dol.8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-20.30

DescansoDescanso

Pereira Cabaleiro, Dol.8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-19

DescansoDescanso

Neira Henche, Ángeles8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

DescansoDescanso

C) Inverno

Adestradores e monitoresLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Zamorano Ramos, Dol.9.30-13.30

16-20

9.30-12.30

16-20.30

9.30-13.30

16-20

8-12.30

16-20.30

9.30-13.30

16-20

DescansoDescanso

Pereira Cabal., Dol.8-13.30

16-19

9-13.30

16-19

8-13.30

16-19

9.30-13.30

16-19

8-13.30

16-19

DescansoDescanso

Davila Sierra, Delfina8-13.30

16-19

9-13.30

16-19

8-13.30

16-19

9.30-13.30

16-19

8-13.30

16-19

DescansoDescanso

Neira Henche, Ángeles10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-20.30

8.45-13.45Descanso

Cadro de horarios do persoal de mantemento

Nigrán

Período: 1 de xuño ó 30 de setembro. Cadro rotativo.

QuendaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

A7-158-158-158-15DescansoDescansoDescanso

BDescansoDescanso15-2215-227-157-157-15

C15-2215-22DescansoDescanso15-2215-2215-22

Período: 1 de outubro ó 31 de maio.

QuendaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

A7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

B7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

QuendaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

C7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

D7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

*Estaría localizada unha persoa de mantemento a fin de semana.