Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle renova a Cualicontrol-Aci, S.A. a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Juan A. Martínez Medina en representación de Cualicontrol-Aci, S.A. e a documentación anexa, na que se solicita que se lle renove a cualificación de entidade recoñecida

para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas, grupos IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Renovarlle a Cualicontrol-Aci, S.A. a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria