Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.112

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONVOCATORIA pública.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo coas seguintes bases:

-1 médico especialista en cardioloxía.

Ref.: CI-1999.

Titulación: título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en cardioloxía.

Experiencia: experiencia mínima de 18 meses en unidades de cardioloxía intervencionista.

Valorarase experiencia en investigación básica documentada a través de proxectos de investigación.

Outros requisitos: valoraranse coñecementos de galego e doutros idiomas comunitarios. Actitude de atención e respecto cara ó usuario. Capacidade de traballo. Dispoñibilidade horaria.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (15%) e entrevista persoal (30%).

-1 médico especialista en cirurxía cardíaca.

Ref.: CC-1999.

Titulación: títulos homologados de licenciado en medicina e cirurxía e de médico especialista en cirurxía cardiovascular.

Experiencia: experiencia mínima de 6 meses en unidades de cirurxía cardíaca.

Experiencia en asistencia circulatoria, cirurxía minimamente invasiva sen CEC e Heart Port.

Outros requisitos: valoraranse coñecementos de galego e doutros idiomas comunitarios. Actitude de atención e respecto cara ó usuario. Capacidade de traballo. Dispoñibilidade horaria.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (15%) e entrevista persoal (30%).

-1 médico especialista en anestesia e reanimación postoperatoria cardíaca. Ref.: AN-10/1999.

Titulación: título homologado en medicina e cirurxía, con especialidade en anestesioloxía e reanimación.

Experiencia: valorarase experiencia como profesional en anestesia e coidados postoperatorios en cirurxía cardíaca.

Outros requisitos: valoraranse coñecementos de galego e doutros idiomas comunitarios. Actitude de atención e respecto cara ó usuario. Capacidade de traballo. Dispoñibilidade horaria.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (15%) e entrevista persoal (30%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a correspondente referencia, dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, Praza Europa 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela), no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Deberá presentarse copia compulsada, se é o caso, dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica