Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/376-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. Ameiro Longo II.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T, subterránea, a 15 kV, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 30 da liña A.T.I. 726 ata o C.T. que se proxecta en Ameiro Longo II, concello de Mos. C.T. de 160 kVA, relación de transformación

15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., aérea, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra